Nesta presentación podemos ver, explicada, a meiose e as diferencias entre esta e a mitose. A terminoloxía pode ser algo distinta pero coido que se entende ben.
Non teñades en conta o das cadeas longas/curtas. Por certo, que neste vídeo chaman "primers" ós cebadores. Polo demais creo que é relativamente sinxelo.
Este é menos dinámico pero nel podedes ver como é un termociclador e algunhas cousiñas complementarias máis.
E por último unha presentación de alto nivel sobre a PCR. Obviamente non debedes obsesionarvos por non entender todo, pero o básico si o poderedes atopar. A partir da diapositiva na que fala da PCR en tempo real xa non é necesario que sigades (se non queredes) porque é algo complexo.
.
Animacións flash diversas. Para este curso son especialmente interesantes as de xenética (sobre a estrutura do ADN e xenética mendeliana) e evolución. Tendes que pinchar nos cadros correspondentes...