Protocolo páctica OBSERVACIÓN DA MITOSE

Observación da MITOSE en células de raíz de cebola

MATERIAIS

Microscopio
Portaobxetos
Cubreobxetos
Lanceta estéril
Cubeta de tinción
Agulla enmangada
Pinzas
Frasco lavador
Mechero de alcohol
Tesoiras
Papel de filtro
Vaso de precipitados
Vidrio de reloxio
Orceína A
Orceína B


TÉCNICA

Encher un vaso de precipitados con auga e colocar un bulbo de cebola de xeito que a parte inferior quede inmersa na auga. Ó cabo de 3-4 días aparecerán numerosas raiciñas en crecemento duns 3 ou 4 cm de lonxitude.
Cortar coas tesoiras uns 2-3 mm dos extremos das raiciñas e depositalo nun vidrio de reloxio no que teñamos vertido 2-3 ml de orceína A.
Quentar suavemente o vidrio de reloxio ó lume do mechero durante uns 8 minutos, evitando a ebulición, até a emisión de vapores tenues.
Coas pinzas tomar un dos ápices ou extremos das raiciñas e colocala sobre un portaobxetos, engadir unha pinga de orceína B e deixar actuar durante 1 minuto.
Colocar o cubreobxetos con moito coidado sobre a raíz. Co mango dunha agulla enmangada dar uns golpeciños sobre o cubre sen rompelo de xeito que a raíz quede extendida.
Sobre a preparación colocar unhas tiras de papel de filtro, 5 ou 6. Poñer o dedo pulgar sobre o papel de filtro na zona do cubreobxetos e facer unha suave presión, evitando que o cubre esbare. Se a preparación está ben asentada non hai perigo de rotura por moita presión que se faga.
Observar ó microscopio.

OBSERVACIÓN MICROSCÓPICA E FUNDAMENTO
Realizarase a fortes aumentos. A orceína A reblandece as membranas celulares e a B completa o proceso de tinción. Coa presión sobre o porta da preparación lógrase unha extensión e difusión das células do meristemo da cebola.
A preparación presenta o aspecto dunha dispersión de células por todo o campo do microscopio. Obsérvanse células en diversas fases ou estados de división celular. Vense os cromosomas tinguidos de morado pola orceína. O aspecto reticulado así como o maior tamaño dalgúns núcleos corresponde ás células que se atopan nos procesos iniciais da división mitótica.

Exemplos de imaxes:



No hay comentarios:

Publicar un comentario